A Mesa insta á Xunta e ao Ministerio de Justicia a axilizar os trámites para correxir ao galego os apelidos

Denuncia o caso dunha veciña de Betanzos (A Coruña) que leva catro meses esperando a que o Rexistro Civil cambie ao galego o seu apelido

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 11 abril 2006 19:57

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 (EUROPA PRESS)

A Mesa pola Normalización Lingüística insta á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Justicia a axilizar os trámites legais para correxir ao galego os apelidos das persoas que así o soliciten. Lembra que esta modificación é "posible" legalmente e asegura que noutras comunidades, como en Cataluña, os trámites son "automáticos e inmediatos".

O presidente da Mesa, Carlos Callón, explicou hoxe a Europa Press que esta reclamación retómase tras coñecerse o caso dunha veciña de Betanzos (A Coruña) que leva catro meses esperando a que o Rexistro Civil corrixa o seu apelido. Pura Ferreño Saya agarda poder recuperar a forma galega do seu segundo apelido, 'Saia', para o que pode acreditar un documento académicos e o historial familiar, xa que ata o seu avo era así.

Callón asegurou que "non é nin a primeira nin a cuarta vez que se ve unha aplicación incorrecta da lexilación" en canto á restauración ao galego dos apelidos ou dos nomes. Lembrou que esta situación "non acontece en Cataluña", donde os trámites "son inmediatos e automáticos".

Segundo dixo, a Mesa ten recibido numerosas queixas de cidadáns que atopan problemas neste tipo de trámites e, incluso, o debate chegou ao Congreso dos Deputados. Así, afirmou que "no se pode dar por natural" esta situación e que as administracións deben "tomar as medidas necesarias para correxir a situación".

Así, sinalou que a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Presidencia poden "facer moito" para resolver este asunto e que tamén o Ministerio de Justicia debería correxila porque, engadiu, "no hai discriminación en Cataluña pero sí en Galicia".

PAPEL DAS ADMINISTRACIÓNS

O responsable da asociación engadiu que nos últimos 25 anos a única información sobre a lexislación para a recuperación das formas en galego en nomes e apelidos facilitada aos rexistros civís chegou da man de A Mesa. Así, pedíulles ás administracións "que tomen en serio o seu papel" e faciliten información sobre os procedementos a seguir.

Callón tamén criticou que, no caso da devandita veciña de Betanzos, o expediente para a modificación do apelido esté "en castelán". Ao respecto, sinalou que a Administración de Xustiza está "por debaixo dos niveis mínimos de cooficialidade".

Avanzou que a Mesa organizará o 17 de maio, no 'Día das Letras Galegas', unha mobilización polas rúas de Santiago de Compostela que estará centrada na reivindicación de que "se den garantías aos cidadáns que queiran vivier en galego para que o poidan facer". Así, afirmou que pedirase que o novo Estatuto de Autonomía de Galicia recolla que os rexistros civís teñan ao galego como lingua oficial.

Contenido patrocinado