SANTIAGO DE COMPOSTELA 22 Ago. (EUROPA PRESS) -
A localidade lucense de Monforte e a comarca ourensá de Terra de Trives manterán os seus centros de información á muller (CIM) este ano, de xeito que está garantida a prestación dun servizo integral de información, asesoramento e apoio ao colectivo feminino.
Isto é posible grazas aos convenios asinados hoxe polo Servizo Galego de Promoción da Igualadade do Home e da Muller (SGI) da Vicepresidencia da Xunta co Concello de Monforte e coa Mancomunidade das Terras do Navea Bibei para o mantemento dos CIM.
En virtude dos convenios de colaboración asinados, o SGI aportará 30.000 euros para financiar os gastos de persoal e mantemento de cada un dos CIM e comprométese tamén a formación destes traballadoers. Cada un dos CIM contan como mínimo cunha directora, avogada e psicóloga con experiencia profesional.
Con este acordo, garántese o funcionamiento do servizo de luns a venres, cun horario de atención ao público mínimo de cinco horas diarias. Entre as súas funcións, estes centros proporcionan información sobre recursos específicos para a muller, asesoramento xurídico e psicolóxico ás usuarias que o demanden, e colaboran na asistencia integral ás vítimas de violencia de xénero.
A través dos CIM, a Secretaría Xeral da Igualdade aplica o programa nacional de intervención comunitaria na área da igualdade e permiten tamén desenvolver todo tipo de activdades que teñan como obxectivo prioritario a promoción da iguladade das mulleres e dos homes.