O personal da Xunta terá acceso a unha nova ferramenta de altas prestacións que permite traducir do castelán ao galego

A posibilidade de uso do tradutor ao 'ESGL' polos cidadáns dependerá da "negociación" sobre a súa licencia

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 13 junio 2006 15:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Jun. (EUROPA PRESS) -

O personal da Xunta de Galicia, a través da intranet, terá acceso ao novo tradutor automático 'ESGL', unha ferramenta desenvolvida polo Centro Ramón Piñeiro e a empesa Incyta, que permite con rapidez e altas prestacións pasar textos documentos e páxinas de internet do castelán ao galego.

Esta nova ferramenta, que respeta a última normativa da Real Academia Galega, permite traducir do castelán ao galego unha media de 90 páxinas por minuto e unhas 5.000 por hora, segundo os datos da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, xunto con membros da empresa Incyta, presentou hoxe, en Santiago de Compostela, o novo tradutor automático do castelán ao galego que dará servizo a todos os traballadores da Administración autonómica e que vai ser distribuída tamén nos centros de ensino, nos concellos galegos e noutras institucións.

Admitiu que, como exemplo, esta ferramenta "pode axudar" a que os xuices emitan sentenzas en galego, ainda que precisou que para usar este tradutor "hai que coñecer a lingua de destiño porque hai que revistar os textos". Engadiu que "haberá que ver no futuro a posibilidade" de que o 'ESGL' poida ser empregado polos cidadáns en xeral.

USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Marisol López explicou que o tradutor 'ESGL' vén dar resposta a unha das propostas do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNG), que prevé dotar ao galego dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios que o capaciten para vehicular a vida moderna e para adquirir "máis funcións e espazos de uso".

Aludiu á importancia das tecnoloxías da fala e da comunicación e as novas posibilidades técnicas aplicadas as linguas. Por iso, sinalou como "unha responsabilidade" o poñer os medios técnicos e humanos para que o galego se incorpore "con éxito" ás novas tecnoloxías.

Neste contexto enmarcou o tradutor 'ESGL', que considerou unha ferramenta "con bos resultades, calidade e rapidez". Apuntou que o tradutor foi desenvolvido no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en colaboración coa empresa Incyta, que proporcionou o sistema de partida desta ferramenta.

FUNCIONAMENTO

Pola súa banda, o responsable da empresa Incyta, Ignacio Navarro, explicou as características técnicas do tradutor, que dixo parte dun sistema modular baseado en técnicas de lingüística computacional que incorpora as últimas tecnoloxías de enxeñería lingüística. Así, engadiu que o tradutor dispón de recursos para que o usuario teña todo o control do proceso e permite xerar subprodutos de tradución, como glosarios, listaxes de novas palabras ou compostos nominais.

O proceso de tradución do 'ESGL' ten en conta as estruturas gramaticais do galego. A tradución dun texto mediante esta ferramenta realízase en tres fases. Primeiro faise unha análise morfolóxica e sintáctica do texto, despois vén a fase de transfer (transferencia estrutural, contextual e léxica) e, por último, a xeración do novo texto, consistente en transformacións dependentes da lingua de destino, na reordenación dos elementos e, finalmente, na produción do novo texto. O tradutor 'ESGL' dá a oportunidade de traducir frases, documentos de texto e páxinas web.

A mesma tecnoloxía que emprega este tradutor está dispoñible para 24 pares de linguas. No caso do ESGL, a proximidade entre as dúas linguas permite aforrar tempo, polo que a súa natureza é claramente produtiva, accesible e inmediata.

LICENCIAS

Ademais do tradutor instalado no servidor da Xunta e doutros quince similares, Política Lingüística dispón doutras 10.000 licenzas para instalar en ordenadores persoais, que van ser distribuídas en distintas organizacións e colectivos --oficinas xudiciais, medios de comunicación, Administración periférica do Estado, etc.--.

O responsable da empresa Incyta apuntou que a estensión deste tradutor para facilitar o seu uso por parte dos cidadáns sería "unha cuestión de negociación de licencias".

Contenido patrocinado