Política Lingüística traduciu en 2006 os menús de varios sintonizadores de TDT

Actualizado: sábado, 26 agosto 2006 15:06

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Ago. (EUROPA PRESS) -

O Servicio de Asesoramento da Secretaría Xeral de Política Lingüística traduciu en 2006 os menús de varios sintonizadores de televisión dixital terrestre (TDT) que permitirán que a lingua galega esté presente neste novo sistema de televisión.

Así o informou hoxe a Secretaría Xeral de Política Lingüística, quen recibiu, nos seis primeiros meses do ano, 649 solicitudes para a correción ou tradución ao galego de diversos materiais de traballo de institucións públicas ou privadas.

O equipo de lingüístas deste servicio da Xunta traballa na tradución e revisión de máis de 1.500 documentos anuais de organismos da Administración, colexios profesionais, organizacións non gubernamentais e incluso particulares.

Ademais, o departamento que dirixe Marisol López asesora a empresas para galeguizar a súa comunicación interna e externa en materias como a toponimia, uso correcto do idioma ou lexislación sociolingüística.