Reiniciadas as operacións en Galicia cun único voo de pasaxeiros de A Coruña a Madrid

Avión aeropuertos retrasos
EP/TV3
Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 4 diciembre 2010 19:48

SANTIAGO DE COMPOSTELA 4 Dic. (EUROPA PRESS) -

O espazo aéreo dos tres aeroportos galegos reabriuse na tarde do sábado e os aeródromos reiniciaron a súa actividade cun único voo de pasaxeiros entre A Coruña e Madrid.

Así, segundo explicaron a Europa Press fontes de Aena, o conflito de controladores, que mantivo pechado durante a maior parte da xornada o espazo aéreo español, provocou a cancelación dos 93 voos programados durante o sábado nos tres aeroportos galegos --18 en A Coruña, 21 en Vigo e 54 en Santiago-- aínda que, tras a reapertura, se iniciaron as operacións.

En concreto, dende o aeroporto de Santiago saíron dúas aeronaves sen pasaxeiros con destino a Barcelona e a Madrid, para iniciar dende estes aeródromos as súas operacións, algo que algunha compañía prevé facer tamén ao aeroporto de Peinador para a saída de voos.

Non obstante, só se previu o despegue dun avión con pasaxeiros, un voo fretado de forma especial por Iberia con destino Madrid que sairá durante a última parte da tarde do aeroporto de A Coruña con aqueles pasaxeiros da compañía que atopen no aeródromo coa súa pasaxe á capital.

Finalmente, tamén está previsto que faga escala en Santiago un avión proveniente de Las Palmas e con destino no norte de Europa para desembarcar algúns pasaxeiros que se despracen dende a Illas Canarias a Galicia.

Polo momento, non se retomou máis actividade nos aeroportos galegos, onde nestes momentos, tras a declaración do Estado de Alerta, están a traballar todos os controladores -- catro en Santiago, un en Vigo e un en A Coruña-- dado que as compañías cancelaron ata o domingo os seus voos.

Contenido patrocinado