Unha asociación defende modificacións na Ley de Dependencia para favorecer a autonomía persoal co síndrome de Down

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 13 junio 2006 20:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA 13 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Asociación Down Compostela, xunto á Federación Galega e á Federación Down España, están a realizar xestións para que durante o trámite parlamentario se poidan incluir algunhas modificacións na futura Ley de Dependencia co obxectivo de "fomentar a vida autónoma das personas con Síndrome de Down e outras discapacidades".

Apuntou que o que se pretende e que a futura Ley de Promoción para la Autonomía Persoal y Atención a las Persoas en Situación de Dependencia desenvolva no seu catálogo de prestación servizos de promoción da autonomía persoal e do fomento da vida autónoma e independente, fundamentais para as persoas coa síndrome de Down.

As entidades do movemento Down lembran que traballan a diario co propósito de acadar, en síntese, a plena participación social das persoas coa síndrome de Down. "Entendemos que calquera persoa con discapacidade ten dereito a una vida digna nun entorno de normalidade, gozando dos servizos da comunidade onde viven", afirmou.

A Federación Down España elaborou un documento no que se recollen as consideracións e propostas de modificación que entendemos se deben asumir en relación co proxecto da Ley de Dependencia, como son o estender a súa aplicación ás persoas con dependencia intelectual, entre outras.

Segundo Down Compostela, a intención e que os representantes no Parlamento estatal analicen estas consideracións e propostas e as recollan no texto definitivo da lei para que a futura lei as persoas con síndrome de Down poidan mellorar a súa calidade de vida mediante un proceso de normalización baseado na integración e na súa participación plena na sociedade, mediante os apoios necesarios para acadar unha plena autonomía e unha independencia no posible.

Contenido patrocinado