A Xunta acusa a Rafael Louzán de "poñer obstáculos cada día" á reforma do estadio de Pasarón por "ciumes políticos"

Actualizado: miércoles, 1 marzo 2006 22:07

PONTEVEDRA, 1 Mar. (EUROPA PRESS) -

O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, acusou hoxe ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, de "poñer obstáculos cada día" no avance da reforma do estadio de Pasarón por "ciumes políticos" e, por iso, instou á institución provincial a "deixar atrás rencillas" e a iniciar os trámites para adxudicar a obra "en calquera momento".

No transcurso da inauguración do Complexo Deportivo de Pontemuiños, na que o responsable provincial afirmou que a Deputación facía a mayor asignación económica e que restaba o visado técnico, Domínguez replicou que "o proxecto técnico está rematado e entregado á Deputación" e aseverou que "non é culpa da Xunta que non esté visado polo Colexio de Arquitectos".

Tras recoñecer que no caso de Pasarón a Deputación fai a mayor inversión --"que sempre o repite", dixo Domínguez en alusión a Louzán--, o director xeral de Deportes lembrou que no complexo deportivo de A Parda son a Xunta e o concello de Pontevedra "os que poñen os cartos", así como a Pista de Piragüismo de Verdecido, na que a inversión corre a cargo da Administración autonómica.