A Xunta aporta o 40% do orzamento do XXVII Festival de Pardiñas de Guitiriz (Lugo) para mejorar a súa infraestructura

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 11 julio 2006 14:37

SANTIAGO DE COMPOSTELA 11 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Innovación e Industria aportará 60.000 euros dos 150.000 cos que contará de orzamento o XXVII Festival de Pardiñas, que se celebrará en Guitiriz (Lugo) os vindeiros 5 e 6 de agosto, co obxectivo de contribuir á mellora da súa infraestructura.

O titular deste departamento autonómico, Fernando Blanco; o xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Eguibar; e o impulsor do festival, Alfonso Blanco; presentaron hoxe en Santiago de Compostela este evento que se publicita como 'Feira e Festa da Música e da Arte'.

Exposicións de pintura, escultura, fotografía, cerámica e máis unha mostra de artesáns de instrumentos de música tradicional compoñen o programa do primeiro día do festival, que se completa coa actuación de grupos espontáneos, seminarios e obradoiros sobre danza tradicional e historia dos instrumentos.

Está prevista a actuación de cinco grupos de música: ITH, Basidou, Ialma, N*Faly Kouyaté e Dunyaban e Ruxe-Ruxe. O segundo día abrirase a feira de libros de Xermolos -a entidade impulsora do festival-, a exposición de artesanía e haberá seminarios de música tradicional e xogos sonoros. O programa complétase con actuación de grupos como Trópico de Grelos ou Leilía.

Fernando Blanco salientou que o de Pardiñas é "dos festivais que nacen do impulso da xente, mesmo sen axudas oficiais e salvando todas as dificultades e asentádose ano a ano". Por iso, xustificou a aportación de 60.000 euros do seu departamento para "mejorar a súa infraestructura" e comprometeuse a seguir apoiando este certamen en vindeiras edicións.

Pola súa banda, Alfonso Blanco desexou que este festival sexa "un espazo de liberdade e de creatividade" e agradeceu á Xunta "unha axuda" coa que non contaron en anos anteriores, que asegurou "se notará nos grupos e nas infraestructuras necesarias para ofrecer mellor imaxe e son".

Contenido patrocinado