A Xunta comprométese a que o programa informático das oficinas de emprego estea listo en galego para o mes de febreiro

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 23 enero 2006 19:47

SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Goberno galego comprometeuse co grupo parlamentar do BNG a solucionar os problemas detectados no sistema informático que se utiliza nas oficinas de emprego do Sicas e a ausencia do galego na súa aplicación.

Así respostou o Executivo galego á pregunta formulada polo deputado do BNG Fernando Blanco Parga --á que tivo acceso Europa Press-- quen se interesou polo funcionamento do programa informático Sicas e as previsións referentes ao cumprimento da Lei de normalización lingüística de Galicia.

A Consellería de Traballo comprometeuse a que uso do galego estea operativo a finais do presente mes, cando se concluirán os labores de traducción do interface do aplicativo e do resto de documentos que integran o programa.

Blanco Parga mostrouse "satisfeito" pola promesa que adoptou a Consellería de Traballo de xeito que o galego "sexa por defecto" e, polo tanto, a "lingua do país será a primeira que apareza nos documentos de saída e no propio sistema".

SISTEMA DE INTERMEDIACIÓN LABORAL

A Xunta recordou que o Sicas é o aplicativo de intermediación laboral onde se materializan os acordos consensuados nesta materia con todas as comunidades autónomas e o servicio Público de Emprego Estatal; e no caso galego con Cataluña, Castela e León, Andalucía e Canarias e por este motivo ten un carácter multilingüe, aínda que o castelán fose a lingua adoptada durante o desenvolvemento do aplicativo.

Así, asegurou que no momento actual estase a acadar unha taxa de estabilidade qeu permitirá levar a cabo a implantación do aplicativo en galego, xa que os sevizos do Secas comezaron o 3 de maio de 2005.

Por outra banda, o BNG informou hoxe de que o grupo parlamentar, por mediación do deputado Bieito Lobeira, trasladou á Secretaría Xeral de Política Lingüística as súas inquedanzas respeto a que o galego fose excluído dos rótulos do Ministerio de Sanidade que informan sobre a Lei de Tabaquismo.

Segundo a pregunta á que tivo acceso Europa Press, Bieto Lobeira interouse por coñecer se a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten previsto demandar ao Minsiterio de Sanidade os cartaces ou rótulos en galego relativos á normativa do tabaco, así como se a Consellería de Sanidade editará e distribuirá de xeito masivo estes cartaces informativos en lingua galega.

O deputado nacionalista lembrou que a propia lexislación recolle que é obrigado a utilización das dúas linguas cooficiais, no caso de que as haxa, nos rótulos informativos e que o Ministerio de Sanidade non incluíu no modelo de rótulos remitidos.

Bieito Lobeira precisou que "non é de recibo" que a Mesa pola Normalización Lingüística sexa a única entidade que se esforce porque haxa carteis informativos en galego e instou á Xunta a que "vele pola defensa dos dereitos lingüísticos".

Contenido patrocinado