Anova busca unha candidatura na que Galicia non sexa un "apéndice" dunha "marca política"

Yolanda Díaz (IU), Xosé Manuel Beiras (Anova) y Pablo Iglesias (Podemos)
EUROPA PRESS
Actualizado: sábado, 11 julio 2015 18:08

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Jul. (EUROPA PRESS) -

O covoceiro de Anova e histórico político nacionalista, Xosé Manuel Beiras, defendeu este sábado unha candidatura para as eleccións xerais na que Galicia manteña a súa "identidade" e non sexa un "apéndice" dunha "marca política", como "Podemos" ou "Izquierda Unida".

Para Beiras, esta candidatura, cuxo "motor primordial" debe de ser a cidadanía e a súa expresión "máis clara" as mareas, non debe de ser "unha alternativa electoral organizada en forma de coalición das forzas políticas nacionalistas". De feito, remarcou que a nación galega é unha "realidade social" que "transcende o espazo das forzas políticas nacionalistas".

Por iso, apostou por que aquelas organizacións políticas que abranguen o ámbito estatal poidan incluirse con "iniciativas" que "son da nación galega, euskaldún ou catalá". Así, ve un "erro" "confundir a nación galega co espazo nacionalista", en referencia ao BNG.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Leer más acerca de: