O 75% da produción científica dos investigadores do CESGA publicouse en "revistas de alto factor de impacto"

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 30 diciembre 2008 19:16

SANTIAGO DE COMPOSTELA 30 Dic. (EUROPA PRESS) -

A produción científica dos investigadores do Centro de supercomputación de Galicia (Cesga), concretouse na publicación durante este ano dun total de 582 artigos en revistas científicas, sendo en case o 75 por cento dos casos revistas "con factor de impacto tipo A", é dicir "as que gozan de maior consideración na comunidade científica internacional".

Así se desprende do estudio elaborado polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia coa finalidade de recoller e normalizar todos os traballos de investigación publicados como resultado do uso tecnolóxico que ofrece o CESGA.

Segundo explicou o Consorcio de Bibliotecas (Bugalicia), a publicación dunha investigación representa "unha das fases primordiais para poñer en valor un traballo científico", ademais de ser "un xeito de compartir coñecementos co resto da comunidade científica e transferilo e rentabilizarlo socialmente".

Estes 582 artigos se investigación viron a luz nun total de 195 revistas aparecidas, na súa maioría, no Journal Citation Report, un repertorio de revistas con factor de impacto recollidas nas bases de datos de Thompson-ISI, especializado na análise de citación das publicacións.

No que se refire ao incremento no número de artigos publicados en revistas tipo A derivados da actividade dos usuarios do CESGA, Bugalicia rexistrou un "ascenso continuado" neste período, ao pasar de 38 artigos en 2002 a 117 en 2007.

A produción científica declarada polos usuarios do CESGA está asinada por un total de 330 autores, usuarios rexistrados do servizo. Del total de traballos, 514, o 75 por cento son artigos que viron a luz froito da colaboración, en moitos casos internacional, de varios autores.

Ademais dos artigos en revistas, os cálculos feitos nos supercomputadores do CESGA víronse reflectidos nun total de 1.200 documentos, entre os que se inclúen "numerosas presentacións, posters e relatorios" para congresos internacionais --438--, e 78 teses.

O estudio da evolución do Centro de supercomputación de Galicia a través das publicacións científicas dos seus usuarios empregou unha serie de criterios para avaliar a contribución ao coñecemento científico que inclúe o número de documentos producidos nun período dado, o número de veces que estas publicacións son citadas noutros documentos, as revistas nas que se publica e os autores que colaboran, entre outras cuestións.

Contenido patrocinado