Axenda informativa de Europa Press Galicia para hoxe, día 2 de xaneiro de 2008

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 1 enero 2009 22:02

SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 Ene. (EUROPA PRESS) -

A continuación sinalamos os temas que configuran a axenda de actos e informacións previstas para mañá, día 2 de xaneiro de 2008, por Europa Press Galicia.

XUNTA

--11.00 horas: en Santiago, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Sanidade, María José Rubio, visitan a Escola de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e repartirán regalos entre os nenos ingresados. Solo Gráficos.

--12.00 horas: en Santiago, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Sanidade, María José Rubio, visitarán as instalacións do Laboratorio Público de radiofármacos PET de Galicia. Solo Gráficos.

--12.00 horas, en Culleredo (A Coruña), o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, visita as obras do centro de día e da futura Galescola. Na rúa Alcalde Electo Carballo.

--12.20 horas; en Santiago, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Sanidade, María José Rubio, presiden en acto de inauguración do Laboratorio Público de Readiofármacos de Galicia. Na Sala de investigación do laboratorio.

--17.00 horas: na Coruña, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asiste á presentación do libro de Xosé Luís Barreiro Rivas 'Vontade de Nación'. Na FNAC.

POLITICA

--12.30 horas: en Santiago, o voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, ofrece unha rolda de prensa sobre asuntos de actualidade relacionados coa xestión do bipartito. Na Sala A do Parlamento de Galicia.

--11.00 horas: en Santiago, Movemento pola Base presenta a convocatoria do Plenario Nacional. Na Libraría Couceiro.

ECONOMIA-LABORAL

--12.30 horas: en Carballo (A Coruña), a directora xeral de Comercio, Ana Rúa, inaugura a campaña de animación comercial Comercio Galego Ao Vivo. Na Praza do Concello.

--16.30 horas: en Santiago, o Conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, mantén unha reunión cos voceiros dos grupos parlamentarios con motivo da presentación da proposta para a reforma do sistema de financiamento autonómico. Solo Gráficos. Ao termo haberá declaracións aos medios.

SOCIEDADE

--12.00 horas: En Vigo, Galiza Non Se Vende presenta unha caravana-concerto reivindicativa en demanda da sostenibilidad ecolóxica e a xustiza social como centro das políticas. No Centro Cívico Casco Vello

--12.00 horas: En Vigo, roda de prensa dos colectivos Movemento pola Base (BNG), Esquerda Unida (EU), Fronte Popular Galega, Nos -Up, BRIGA, Nova Esquerda Socialista, Colectivo Vigués 'Memoria do 36', Federación Galega de Asociacións de Inmigrantes, Movimento Arxentinos no Exterior, Asociación Marroquí de Pontevedra, Comunidade Islámica en Galicia, (Mesquita Mohamed), Mesquita de Vigo, Asociación Multicultural sen Fronteiras de Pontevedra, ÁGAR, sobre o "xenocidio" de Israel ao pobo palestino. No Hotel Junquera

--20.00 horas: En Vigo, concentración contra os bombardeos israelís baixo o lema 'Gaza: Deteñamos ou exterminio do pobo palestino!'. Diante do Marco

LOCAL

--11.15 horas: en Santiago, a concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos, e a subdirectora do Auditorio, Silvia Modia, presentan a programación cultural do mes de xaneiro.

--11.30: en Santiago, o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presenta a Cabalgata de Reis 2009.

--12.00 horas: en Santiago, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, ofrece unha rolda de prensa sobre asuntos de carácter local.

--12.00 horas: En Vigo, rolda de prensa do alcalde, Abel Caballero, para dar conta do resultado da reunión mantida coa dirección da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC). No Concello de Vigo

Contenido patrocinado