O embaixador de España en Kenia di que España "non puxo nin un céntimo" para rescatar ao fotógrafo José Cendón

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 5 enero 2009 10:45

MADRID/SANTIAGO 5 Ene. (EUROPA PRESS) -

O embaixador de España en Kenia, Nicolás Martín Cinto, sinalou hoxe que a el non lle consta se se pagou rescate para a liberación do fotógrafo galego José Cendón, pero asegurou que o Goberno español "non puxo nin un céntimo".

Con respecto á posibilidade de que aboara un rescate o medio para o que traballaba Cendón, o embaixador respondeu non estar autorizado para falar diso.

En declaracións a RNE recollidas por Europa Press, o embaixador asegurou que o fotógrafo galego se atopa en bo estado de saúde e confirmou que esta mañá puido atoparse coa súa irmá, que viaxou ata Nairobi para regresar xuntos a España, previsiblemente mañá.

"A mi non me consta que se pagara rescate, o que si podo asegurar é que España non puxo nin un céntimo", explicou antes de emprazar a preguntar ao 'Daily Telegraph' sobre se este medio de comunicación pagou os secuestradores do fotógrafo e outro xornalista.

Ademais, reiterou a perigosidade de Somalia, un país "en absoluta descomposición", e aconsellou non viaxar a el. Ademais, recoñeceu que están a aumentar os secuestros en terra debido á maior seguridade coa que contan os barcos pesqueiros que traballan na zona.

Contenido patrocinado