ETA.- O BNG expresa a súa condena e constata o "totalitarismo" que demostra a banda ao atentar contra os medios

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 1 enero 2009 18:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Bloque Nacionalista Galego expresou o seu "máis enérxica condena" polo intento de atentado perpetrado onte pola banda terrorista ETA contra a sede da radiotelevisión pública vasca en Bilbao.

Para o BNG, atentar contra os medios de comunicación, "que son a garantía e depositarios do dereito dos cidadáns a ser verazmente informados", constata ata qué punto "o totalitarismo dos violentos" é "incompatible" coa democracia e a defensa dos dereitos humanos máis elementais.

Unha vez máis, engade a formación frentista nun comunicado de prensa, "é hora de facer unha chamada á cohesión e á unidade" das forzas políticas democráticas con representación no Parlamento do Estado como medida "máis eficaz" para "combater a barbarie terrorista".

Contenido patrocinado