ETA.- O Colexio de Xornalistas de Galicia expresa a súa condena polo "ataque directo" á liberdade de expresión

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 1 enero 2009 18:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 Ene. (EUROPA PRESS) -

O decano do Colexio de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé Manuel Pereiro, mostrou a súa condena "enérxica" polo intento de atentado perpetrado onte pola banda terrorista ETA que constituíu un "ataque directo" á liberdade de expresión.

"Calquera atentando é condenable e este pretendía non só atentar a liberdade de expresión senón contra o dereito a que as persoas reciban esa información" e "deturparla", manifestou en declaracións a Europa Press.

Así, o CPXG entende este acto violento como un ataque "directo" á liberdade de expresión e contra o dereito a "recibir de forma veraz e independente" esta información.

Do mesmo modo, se solidarizó cos xornalistas que traballan no País Vasco e que empregan a palabra "fronte ás armas e os coches bomba".

Contenido patrocinado