Industria convoca ao Clúster do Automóvil para tomar medidas ante as crises tras o recorte anunciado por Citroën

Actualizado: viernes, 26 septiembre 2008 19:42

PONTEVEDRA, 26 Sep. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, anunciou hoxe que convocará a próxima semana o Clúster de Empresas de automoción de Galicia (CEAGA) para abordar medidas para paliar o recorte de produción de 20.000 coches ata final anunciado pola planta de Vigo de PSA-Citroën.

Fernando Blanco confesou estar "moi preocupado" pola situación da compañía francesa, polo que hoxe mesmo tomou a decisión de reunir ao sector.

"É evidente que a caída da venda de coches, que está nun 40 por cento, levará como consecuencia indubidablemente unha redución da produción e isto afecta en primeiro lugar ao emprego, unha preocupación esencial para nós, e tamén á marcha da propia industria,", declarou Fernando Blanco.

En setembro a factoría de Vigo deixou de fabricar 4.000 vehículos e o plan anunciado por PSA-Citroën para outubro é deixar de fabricar 8.000 unidades.

A reunión da próxima semana, segundo adiantou o conselleiro de Industria, "servirá para analizar como está a situación do sector e qué medidas se poden tomar para paliar a crise", declarou.

Fernando Blanco explicou que "se está nun marco de crise económica e todos o mundo ten que adaptarse a esta nova realidade e tomar iniciativas". "Fixémolo coa lousa, turismo, comercio, con intención de poder reducir ese impacto negativo e agora farémolos, a próxima semana, co Clúster de la Automoción e as empresas auxiliares", concluíu.