Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 14/05/2008 18:42
Letras Galegas

Nace 'Blogues pola Lingua' para defender o galego dos "ataques" dos avogados do "bilingüismo"

   'Blogues pola Lingua' é un novo espazo na rede que acaba de nacer coa vocación de defender o idioma galego dos "ataques" dos que se definen e avogan polo "bilingüismo" pero que esconden "aptitudes contrarias" cara á lingua propia.

   Con estas palabras explicou en declaracións a Europa Press un dos promotores deste espazo, Xabier Pérez Igrexas, quen reivindicou que esta iniciativa se creou de "forma espontánea" por editores e autores de blogs en galego en internet.

   Ao respecto, Xabier Pérez Igrexas deu a coñecer que a intención desta web é darlle continuidade a accións en defensa do galego ante un contexto de "ataques" e subliñou que naceu da "necesidade" que constataron os seus creadores de habilitar un espazo para este labor.

   Non en van, xa son 40 os blogs que se sumaron a este espazo na súa primeira xornada de vida, o cal é "moi significativo", segundo Xabier Pérez Igrexas, e "abre expectativas" de continuidade no futuro, máis alá do obxectivo a curto prazo, que é o de apelar á cidadanía a acudir á manifestación do próximo domingo día 18, convocada por A Mesa pola Normalización Lingüística.

   Precisamente, 'Blogues pola Lingua' adheriuse ao manifesto da asociación en defensa do galego, que leva o título 'Polo dereito a vivirmos en galego' e que xa conta con case 400 apoios de institucións, entidades, concellos, asociacións, sindicatos e formacións políticas.

   Tanto os blogs promotores desta iniciativa como o manifesto e outras informacións de interese se poden atopar na páxina web www.bloguespolalingua.org.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
La ola de frío se agudizará el fin de semana Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Diego y Ruiz acuerdan "seguir muy de cerca" y trabajar en el adelanto de las inversiones de Fomento en Cantabria

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.