A Noitevella sáldase en Galicia cun falecido e 6 persoas feridas en accidentes de tráfico e 118 intoxicacións

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 1 enero 2009 17:21

SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Noite de Fin de Ano saldouse en Galicia cun total de seis persoas feridas e un falecido en accidentes de tráfico e con 118 casos de intoxicacións producidas por consumo de alcohol ou drogas.

Así, a central de coordinación do servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia recibiu entre as 22.00 horas do 31 de decembro e as 8.00 horas de hoxe, 1 de xaneiro, un total de 3.905 chamadas que xeraron 855 procesos asistenciais e mobilizaron 461 recursos asistenciais.

Como consecuencia destes procesos, o 061 prestou asistencia en seis accidentes de tráfico, atendidos por ambulancias asistenciais e, en dúas ocasións, polo médico de atención primaria pertinente. A raíz destes incidentes, seis persoas resultaron feridas, cinco delas trasladadas a distintos hospitais do Servizo Galego de Saúde, e un home de 49 anos, veciño de L'hospitalet de Llobregat, faleceu no mesmo lugar do accidente, en Navia de Suarna (Lugo).

Por outra parte, o 061-Galicia atendeu neste período a 118 persoas por intoxicacións, 110 por consumo de alcohol e 8 por inxestión de drogas.

Por provincias, na Coruña atendéronse 44 intoxicacións etílicas e catro por drogas, en Lugo 10 por alcohol, en Ourense 17 etílicas e unha por drogas, e en Pontevedra atendéronse 39 persoas por intoxicacións etílicas e tres por drogas.

Do total de persoas atendidas por intoxicación etílica durante Nochevieja, un 33,6 por cento tiñan menos de 19 anos e un 38 por cento contaban con entre 20 e 40 anos. Para atender estas incidencias, o 061 mobilizou 82 ambulancias asistenciais e unha medical izada. En total, foron trasladadas a hospitais un total de 41 persoas por intoxicación etílica e catro por consumo de drogas.

Contenido patrocinado