Os bombeiros de Vigo mobilízanse dúas veces con motivo doutros tantos incendios acontecidos na mesma casa abandonada

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 5 enero 2009 10:46

VIGO 5 Ene. (EUROPA PRESS) -

Os bombeiros de Vigo mobilizáronse dúas veces con pouco máis de 9 horas de diferenza debido a dous incendios acontecidos nunha vivenda unifamiliar situada no número 53 da rúa Vázquez Varela e que estaba abandonada.

Segundo informaron a Europa Press fontes dos efectivos de extinción, o primeiro dos lumes aconteceu sobre as 23.00 horas de onte, mentres que ás 8.15 horas de hoxe tiveron que volver, porque se producira un segundo incendio.

As mesmas fontes manifestaron que, tendo en conta que se trata dun inmoble abandonado, todo apunta a que ambos os dous lumes foron provocados.

A casa, de dúas plantas, adoita albergar a ocupas, se ben as veces que os bombeiros acudiron ao lugar non había ninguén no seu interior, polo que non houbo que lamentar danos persoais.

En canto ao estado da casa, o incendio afectou especialmente á planta baixa, onde arderon mobles vellos e parte do chan, que era de madeira.

Contenido patrocinado