O primeiro bebé do ano en Galicia chámase Lucía, pesou 4,300 quilos e naceu pasada a media noite en Vigo

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 1 enero 2009 17:03

SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 Ene. (EUROPA PRESS) -

O primeiro bebé galego do 2009 chámase Lucía, pesou 4,300 quilos e naceu no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo pasada esta media noite, sobre as 00.27 horas.

Os seus pais, Montserrat e Manuel, residentes na veciña localidade de Redondela, manifestáronse "moi felices" tras o alumeamento, que foi "doado" pero que "se atrasou un pouco", segundo contou a nai, quen confesou a súa preferencia porque a nena "nacese no 2008, polo problema escolar".

Pola súa banda, o primeiro neno deste ano en Galicia naceu en Pontevedra pasada a unha da madrugada. Segundo explicaron os seus pais, Noemí e Roberto, o neno, que pesou 3,135 quilos, chamarase Iker.

En canto á provincia da Coruña, o primeiro bebé do ano é unha nena nacida en Santiago de Compostela, Uxía, que pesou 2,460 quilos, e na Coruña o bebé máis madrugador foi Nicolás, con 3,850 quilos, que veu ao mundo pasadas as 4.00 horas.

Contenido patrocinado