Un traballador dunha empresa forestal resulta ferido nun accidente laboral en Guitiriz (Lugo)

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 29 diciembre 2008 20:48

SANTIAGO DE COMPOSTELA 29 Dic. (EUROPA PRESS) -

Un traballador dunha empresa forestal resultou ferido hoxe mentres traballaba cunha máquina procesadora nun monte da parroquia de Pígara, en Guitiriz (Lugo), segundo informaron fontes de Urxencias de Galicia-061 e do 112.

O ferido, un home de 41 anos que responde ás iniciais F.F.M., foi achado tendido no chan e inconsciente ás 9.42 horas por unha persoa que alertou os servizos de emerxencia.

Ao lugar desprazáronse unha ambulancia do 061, un equipo de Grumir e a Guardia Civil de Guitiriz, que atoparon ao ferido tendido xunto á procesadora cun golpe na cabeza, polo que cre que sufriu un accidente laboral.

O home, que é empregado dunha empresa con sede en Ribadeo (Lugo), foi trasladado cun traumatismo craneoencefálico ao Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Contenido patrocinado