Veciños de Lugo propoñen crear un censo de xitanos para evitar o efecto chamada en convocatorias de vivendas sociais

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 15 mayo 2008 21:58

LUGO 15 May. (EUROPA PRESS) -

A Federación de Asociación de Veciños de Lugo propón a elaboración dun censo das persoas de etnia xitana que están radicadas no poboado chabolista no municipio co fin de "evitar o efecto chamada" de individuos doutras zonas ante unha convocatoria de vivendas sociais.

En declaracións a Europa Press, o presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, destacou que "a experiencia di que cada vez que hai unha convocatoria de pisos se dá un efecto chamada de individuos de poboados doutras zonas".

Así, Vázquez recalcou que este acordo, adoptado a pasada xornada nunha asemblea veciñal, responde ao incremento de poboación que, segundo sinalou, se detecta no poboado chabolista cando se convocan vivendas sociais.

Ao respecto, o presidente da Asociación del Pueblo Gitano de Galicia, Sinaí Giménez, lamentou en declaracións a Europa Press a postura dos veciños de Lugo porque, segundo defendeu, "cando dan as casas é porque cumpriron unha serie de requisitos", ao tempo que insistiu en que os xitanos "son persoas como as demais". "E se lles toca é porque cumpriron os requisitos esixidos pola lei", reiterou.

Por iso, mostrouse "moi desgustado" e recalcou que "unha persoa que realizara estas declaracións non pode exercer ningún tipo de cargo público, xa que descoñece os ditames da Constitución respecto de todos os cidadáns". "E os xitanos somos tan españois e tan galegos como el", aseverou.

Con todo, o colectivo xitano pide que se lles trate igual. "Mentres non se demostre o contrario, somos inocentes, tan inocentes como os paio que viven nos nosos barrios,", sentenciou e engadiu que pediron unha reunión co Concello de Lugo para "buscar unha solución" ao problema "sempre negociando calquera solución coa Constitución enriba da mesa".

Contenido patrocinado