Aberto ata o 25 de outubro o período de recepción de proxectos para participar no 'Galiciencia 2009'

Actualizado: viernes, 11 septiembre 2009 22:17

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Sep. (EUROPA PRESS) -

Os equipos de estudantes de Secundaria que queiran presentar proxectos ao 'Galiciencia 2009', a maior feira científica galega, teñen xa aberto o prazo de recepción de propostas, que finalizará o 25 de outubro.

O requisito fundamental para participar nesta feira, que se celebrará nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense) entre o 25 e o 27 de novembro, é formar un equipo no que participen varios alumnos e un profesor e contar a idea proposta en tres folios, xa sexa dun proxecto experimental e tecnolóxico como de traballo documental.

Ademais de facilitar o desprazamento e a estanza dos estudantes en Ourense, a Tecnópolis organizará actividades paralelas para o público e para os propios participantes.

Este ano, ademais da presenza habitual do divulgador Adolf Cortel, coas súas conferencias sobre 'ciencia divertida', haberá talleres relacionados coa celebración a nivel europeo do Ano Darwin, o Ano Internacional da Astronomía e o Ano da Creatividade e a Innovación.

Así, 'Galiciencia 2009' contará cun planetario e cunha sección ocupada polos proxectos resultantes do programa 'TIC-TAC! Talentos da Innovación e a Creatividade', iniciativa da Fundación Empresa-Universidade Galega para poñer en contacto alumnos de Secundaria e FP coa experiencia do empredimiento innovador.