A estación de autobuses da Coruña conta dende hoxe con conexión inarámica a internet gratuíta

Actualizado: jueves, 10 enero 2008 16:07

A CORUÑA, 10 Ene. (EUROPA PRESS) -

A estación de autobuses da Coruña conta a partir de hoxe con conexión inarámica a Internet para o seu uso de xeito gratuíto polos cidadáns.

A concelleiro delegada da área de Interior, Persoal e Informática do Concello herculino, Obdulia Taboadela, presentou hoxe este proxecto que pretende "facilitar" o acceso aos cidadáns ás novas tecnoloxías da información e a comunicación en distintos puntos da cidade.

Taboadela explicou que o servizo estará dispoñible de forma gratuíta dende calquera punto do interior da estación e poderá ser utilizado libremente por calquera viaxeiro a través do seu ordenador portátil ou dispositivos PDA, así como polos concesionarios ou empresas que desenvolven a súa actividade na estación.

As únicas limitacións do servizo son as derivadas da seguridade, así como a imposibilidade de realizar descargas masivas de arquivos. Permitirase o acceso aos servizos web de internet (http, https) , pero non estará permitido acceder a outros servizos como correo pop, smtp, news, aínda que se pode acceder a servizos de correo web.

OUTROS PUNTOS.

Taboadela sinalou que a intención do Concello da Coruña é seguir ampliando estes puntos de conexión inarámica a Internet por toda a cidade naquelas dependencias municipais "nas que os cidadáns o demanden".

Nestes intres existen zonas wifi na biblioteca da Sagrada Familia, no Fórum Metropolitano do Parque Europa e na biblioteca de Monte Alto, á que se suma este novo punto de conexión inarámico na estación de autobuses.