Un grupo de traballo analizará mañá en Santiago os problemas de implantación do TDT en Galicia

Actualizado: domingo, 24 junio 2007 19:34

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Jun. (EUROPA PRESS) -

Un grupo de traballo coordinado pola Secretaría Xeral de Comunicación reunirase mañá a partir das 11.30 horas no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela co obxectivo de analizar os problemas para a implantación da Televisión Dixital Terrestre (TDT) en Galicia.

Así mesmo, este encontro, presidido polo director xeral de comunicación audiovisual, Manuel José Fernández, pretende propoñer e debater as liñas de apoio para desenvolver o novo modelos de televisión en Galicia.

Ademais, presentarase a oficina técnica para o desenvolvemento da TDT, o plan de cesamento de emisións de televisións con tecnoloxía analóxica, un estudio de afectación dos parques eólicos con tecnoloxía analóxica e un informe sobre a tecnoloxía "enche-ocos" nas zonas rurais.

No grupo de traballo participarán o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio; os técnicos da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual; a corporacións locais a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp); a Escola de Enxeñeiros de Telecomunicacións de A Coruña, así como fabricantes e operadores galegos.