Santiago acollerá unhas xornadas para fomentar a aplicación das novas tecnoloxías nas pemes galegas

Actualizado: lunes, 18 junio 2007 19:40

O Ministerio de Industria indica que a aplicación das TIC pode incrementar nun 40% a produtividade das empresas

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Jun. (EUROPA PRESS) -

Santiago de Compostela acollerá este mércores, día 20, unhas xornadas formativas, iniciativa recollida no Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para favorecer a entrada das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas pequenas e medianas empresas (pemes) galegas.

O Ministerio de Industria presentou hoxe, a través da entidade Red.es, este programa polo que se ampliará a capacitación e a formación de Internet e doutras tecnoloxías, que comeza coa celebración destas xornadas en Santiago de Compostela e que se celebrará con apoio as administracións autonómica e local na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, na capital compostelana.

Neste acto os empresarios disporán de manuais para a orientación sobre o uso das aplicacións tecnolóxicas e poderá compartir as experiencias daqueles participantes que xa desenvolveran iniciativas neste campo. Así, tamén se celebrarán varios foros para o debate e para o intercambio entre as pymes galegas, pero tamén entre os provedores das aplicacións tecnolóxicas.

O Plan Avanza prevé sensibilizar máis de 3.000 empresas da industria tradicional española e achegarse con este tipo de iniciativas aos polígonos industriais para promover a Sociedade da Información e a converxencia con Europa, e entre as autonomías españolas.

Segundo os datos facilitados polo ministerio e a Consellería de Industria, Galicia agrupa a un 6,07% do total de pymes españolas. Así, na comunidade existen 185.396 pequenas e medianas empresas que representan o 99,92 do conxunto empresarial autonómico.

FOROS DE DEABTE E INTERCAMBIO

Os datos sobre aplicación tecnolóxica nestas apunta a que o 69% dispón dun ordenador, mentres que o 50% ten unha conexión á rede. Neste sentido, o Ministerio apuntou que o coñecemento e utilidade das TIC por estas entidades "podería incrementar nun 40% o crecemento da produtividade".

Por este motivo, dende as empresas demándase un maior asesoramento na introdución e xestión destas ferramentas así como a posibilidade de formar empresarios e traballadores para obter o máximo partido destes instrumentos. Así mesmo, o sector empresarial demanda a posibilidade de contar cunha páxina web que dispoña de información actualizada e que poida ser un escaparate corporativo ademais dunha tenda virtual.