Unha cooperativa galega crea un xerador solar-eólico, capaz de subministrar enerxía a vivendas unifamiliares

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 29 agosto 2007 16:07

SANTIAGO DE COMPOSTELA 29 Ago. (EUROPA PRESS) -

A empresa galega Miguel Pascual Sociedad Cooperativa Galega (Passco) traballa na creación dun xerador de baixa potencia que funcione con enerxías renovables, solar e eólica, capaz de subministrar a corrente necesaria a vivendas unifamiliares e instalacións agrarias illadas.

O Xerador Autónomo Renovable Independente (Xarín), elaborado por Passco, aposta polo desenvolvemento sostible, pola "eficiencia enerxética" e a "independencia" da rede de distribución eléctrica, segundo informou o director do proxecto, Santiago Romero.

Precisamente, Romeiro recordou que a planificación e o despregamento da rede de distribución eléctrica en Galicia é "custoso e lenta", e que, habitualmente, se opta por despregar unha rede de consumos "menores e dispersos".

Por iso, insistiu na importancia de valorar unha alternativa que "en moitos casos" pode resultar máis "ecolóxica, rápida e económica", e que presenta unha planificación "optimizada".

En concreto, o obxectivo de Xarín, subvencionado pola Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de I+D+I, é o deseño, normalización e fabricación dunha familia de xeradores eléctricos de fontes de enerxía renovables, solar e eólica, para potencias de cinco quilovatios nominais.

SISTEMA OPTIMIZADO

Entre as medidas estudadas para a optimización dos recursos, a empresa propón mellorar o rendemento da utilización de paneis solares, grazas a un sistema de "reflexión con espellos", desenvolvido por un equipo da Universidade de Vigo, que "incrementaría" a incidencia da radiación solar sobre os paneis fotovoltaicos, e permitiría obter máis enerxía.

Así mesmo, de modo complementario, Passco deseñou, xunto con dous colaboradores da Universidade de Vigo, Alberto Manzanedo e Bernardino Novo, unha ferramenta informática que, a partir dos datos dispoñibles nas estacións de METEOGAL, ofrece datos sobre o vento e a radiación solar en calquera punto de Galicia.

ESPECTATIVAS COMERCIAIS

Na actualidade, o proxecto atopa na fase de construción Xarín 0, que a empresa espera rematar durante o ano en curso e tras o que se realizarán as primeiras instalacións, probas e melloras do prototipo coa intención de presentar o proxecto final en setembro de 2008.

As expectativas comerciais de Passco están orientadas por unha parte ás instalacións agrarias e gandeiras; e por outra a produtos máis grandes, como o mobiliario urbano e iluminación pública, apuntou a Xunta.

Contenido patrocinado