A Xunta habilitará un mecanismo para que os turistas poidan chegar ás casas rurais guiados por GPS

Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 1 diciembre 2007 15:59

SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 Dic. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Innovación e Industria activou un mecanismo de descarga da localización de todas as casas de turismo rural de Galicia mediante a tecnoloxía GPS, que guiará os turistas nos seus automóbiles ata os citados establecementos.

Así o indicou hoxe o departamento autonómico que dirixe Fernando Blanco, que explicou que este novo sistema se integra directamente nos distintos tipos de navegadores seguindo as instrucións publicadas na páxina web de Turgalicia (www.turgalicia.es).

Innovación tamén incidiu en que, deste xeito, o turismo rural galego será "aínda máis accesible", ao axudar a resolver as dificultades de sinalización turística no medio rural. Ademais, o servizo conta cun filtro que facilita tanto a descarga conxunta das coordenadas de todas as casas de Galicia como a dunha única casa, concello ou provincia.

Contenido patrocinado