Abre este luns a solicitude para cursar FP no próximo curso en Galicia nas prazas de novo ingreso

Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 15 junio 2025 13:55

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Jun. (EUROPA PRESS) -

    A Xunta abre este luns e até o 2 de xullo o prazo de solicitude para cursar unha titulación de Formación Profesional nas 49.164 prazas de novo ingreso habilitadas para o próximo curso 2025-26, un 5% máis que no presente curso.

   Os interesados poderán escoller entre 251 titulacións diferentes --40 delas de nova implantación-- repartidas en 159 ciclos de grao medio, básico e superior, 28 másteres, 31 títulos de alta especialización, 18 formacións aceleradas (de nova implantación) e 15 programas formativos orientados a persoas con necesidades educativas especiais.

    O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, animou á mocidade e á cidadanía no seu conxunto a coñecer a "ampla" oferta formativa "á carta", co reforzo de todas as modalidades. "Todo aquel que queira pode atopar un oco na FP", remarcou o cnselleiro.

   Como novidade, co obxectivo de axilizar ao máximo o proceso de admisión e matrícula, este ano por primeira vez o tres períodos de adxudicación de prazas concentraranse no mes de xullo (até agora había unha adxudicación en setembro).

    A primeira adxudicación de prazas realizarase o 15 de xullo, a segunda o 22 de xullo e a terceira o 29 de xullo. Após este tres adxudicacións, do 1 ao 26 de setembro seguirá aberta a adxudicación continua desde os propios centros educativos naqueles ciclos formativos onde queden prazas vacantes.

   As instrucións cos detalles específicos para cada unha das modalidades poden consultarse no calendario de matrícula.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado