SALVAMENTO MARÍTIMO - Archivo
VIGO, 15 Jul. (EUROPA PRESS) -
Os servizos de emerxencias recuperaron o corpo sen vida dunha persona que apareceu flotando no mar xunto a unha embarcación envorcada en Moaña (Pontevedra).
Segundo informa o 112 Galicia, foi un particular quen, sobre as 9.15 horas da mañá deste martes, alertaba á central de emerxencias ao observar que había un barco envorcado e unha persona que aboiaba ao seu lado.
Seguidamente, o 112 informou a Urxencias Sanitarias-061, a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, á Policía Local de Moaña e a Protección Civil do municipio.
Salvamento Marítimo, Gardacostas e Garda Civil desprazaron ao lugar medios de rescate que, con todo, só puideron confirmar o falecemento da persona.
Nestes momentos, as forzas da orde continúa coas tarefas de investigación para determinar as causas deste suceso e descartar que houbese máis persoas implicadas. Mentres tanto, a embarcación xa foi remolcada a terra.