Activada para este sábado a alerta laranxa por temporal costeiro no oeste da Coruña

Archivo - Dúas mulleres observan as ondas durante a fronte meteorolóxica, a 23 de febreiro de 2024, na Coruña, Galicia (España)
M. Dylan - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 3 enero 2026 10:37

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Ene. (EUROPA PRESS) -

   A Xunta activou para este sábado, 3 de xaneiro, a alerta laranxa por temporal costeiro no oeste da Coruña, co fin de "garantir a seguridade dos bens e as persoas".

   Tal e como trasladou o Goberno galego nunha nota de prensa, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do 112 Galicia aos municipios das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs náuticos.

   Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde primeira hora desta tarde. Espérase vento do nordeste de até forza oito entre Finisterre e As Sisargas.

    Por iso, a Xunta anunciou a suspensión de actividade deportiva Xogade e federada no mar nos municipios da costa oeste da Coruña -- Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Finisterre e Muxía -- desde primeira hora desta tarde até o amencer deste domingo.

   Ademais, lembrou a importancia de manterse afastado da liña de costa; que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado