SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Jul. (EUROPA PRESS) -
A Xunta manterá este xoves a alerta amarela por calor nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra e na montaña de Ourense.
Así o decidiu segundo os datos remitidos por MeteoSalud e Meteogalicia e no ámbito do Plan de Actuacións do Goberno galego fronte aos posibles efectos as altas temperaturas.
En concreto, no interior da Coruña os concellos afectados por esta alerta son: Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar.
Do interior de Pontevedra, a alerta amarela implica a Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
Mentres, da montaña de Ourense as localidades afectadas por este episodio son: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Xunqueira de Espadanedo.
Para elaborar o mapa de riscos para a saúde provocados polas altas temperaturas, a Consellería de Sanidade ten en conta os datos rexistrados por Meteogalicia e por Meteosalud.