SANTIAGO DE COMPOSTELA 4 Nov. (EUROPA PRESS) -
A Xunta destinará o próximo ano 4,8 millóns de euros ás bonificacións e conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas, A Coruña- Carballo (AG-55) e Vigo-Baiona (AG-57), o que beneficiará, segundo os seus cálculos, a 26.500 usuarios cada día.
Así o apuntou, na súa comparecencia na comisión de economía do Parlamento, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, durante a presentación dos orzamentos do departamento.
Por parte da oposición, o PSdeG lamentou que actuacións en materia de vías de alta capacidade acumulan un "atraso" de anos e o BNG atribuíu "propaganda" á intervención de Menéndez, a quen recriminou unha "diminución" nos orzamentos.
(Haberá ampliación)