Axenda Informativa de Europa Press Galicia para o martes, 26 de maio de 2020

Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 25 mayo 2020 21:33

XUNTA

-- 09,45 horas: En Silleda (Pontevedra), o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a Central Agropecuaria de Galicia da Semana Verde. Os medios non poderán asistir. // -- 17,00 horas: En Santiago, Rueda e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, reúnense por videoconferencia con sindicatos e agrupacións profesionais de policía. Gabinete de Vicepresidencia.

-- 11,00 horas: En Santiago, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reúnense por videoconferencia cos principais operadores de auga en Galicia. San Caetano.

POLÍTICA

-- 9,00 horas: O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, e a candidata por Pontevedra, Eva Solla, reúnense por videoconferencia con representantes do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita.

-- 11,30 horas: A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presenta o lema e proposta da campaña do BNG para as autonómicas. A comparecencia será retransmitida por Twitter (@obloque).

ECONOMIA-LABORAL

-- 10,00 horas: En Santiago, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, participa na sesión telemática 'Novos retos ante a covid-19', organizado pola Asociación de Empresarios de Mos (Aemos). // Ás 12,00 reúnese co comité de empresa de Alu Ibérica. // Ás 16,00 paricipa nunha 'webinar' sobre a folla de ruta da biotecnoloxía galega no próximos catro anos, organizada polo Clúster Tecnolóxico Empresarial de Ciencias da Vida (Bioga). // Ás 18,00 participa nunha conferencia telemática sobre a situación dos autónomos e comercios de Lugo. Consellería.

-- 12,00 horas: En Vilagarcía, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, reúnese con representantes das federacións de confrarías e de mexilloeiros sobre o conflito da 'mexilla'. Os medios non poden asistir. Intecmar.

-- 19,00 horas: O Instituto de Censores Xurados de Contas de España en Galicia e o Consello Galego de Economistas lanzan a iniciativa 'Unha caña solidaria contra a Covid-19' en favor do labor que realiza Cruz Vermella en Galicia, cun coloquio interactivo coa intervención do economista e exministro de Industria, Turismo e Comercio Miguel Sebastián, que analizará os retos económicos aos que se enfronta o país a curto e longo prazo. Youtube Live.

SOCIEDADE

-- 10,30 horas: En Santiago, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, reúnese por videoconferencia coa alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade. San Lázaro. // Ás 12,00 mantén videoconferencia con empresas do Programa Rexurbe en Ferrol e Betanzos.

-- 11,00 horas: Na Coruña, o delegado do Goberno, Javier Losada, reúnese por videoconferencia coa xunta directiva da Federación Galega da Construción. Delegación.

CULTURA

-- 11,30 horas: Firma do primeiro acordo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega, o Instituto Cervantes, o Institut Ramón Llul e o Etxepare Euskal Institutua. Canle de Youtube do Instituto Cervantes.

LOCAL

-- 10,45 horas: En Vigo, rolda de prensa telemática do concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, para informar da moción que presentará no próximo pleno. A través da plataforma GoMeeting.

-- 11,00 horas: En Lugo, sesión telemática ordinaria do pleno da Deputación provincial. //Ás 14,30 horas sesión extraordinaria telemática do pleno desta institución.

-- 11,00 horas: En Ferrol, rolda de prensa de Ferrol en Común para presentar as mocións para o próximo pleno ordinario do mes de maio. Mercado de Caranza.

-- 11,30 horas: Na Coruña, rolda de prensa telemática da concelleira Yoya Neira sobre o Observatorio Urbano. Xornalistas e medios gráficos poderán asistir tamén presencialmente. Retransmisión vía Zoom. Concello

-- 11,30 horas: En Vigo, rolda de prensa telemática da senadora do PP, Elena Muñoz, do deputado Diego Gago e do portavoz municipal do partido, Alfonso Marnotes, sobre as iniciativas desta formación acerca dos accesos á estación intermodal da cidade. A través da plataforma Zoom.

-- 12,00 horas: En Lugo, o alcalde ofrece unha videoconferencia de prensa sobre asuntos de actualidade.

Contenido patrocinado