O BNG denuncia ante a Garda Civil e a JEC o "buzoneo" e mensaxes contra o candidato de Santa Comba

771996.1.260.149.20230524170935
Vídeo de la noticia
César Arxina - Europa Press
Publicado: miércoles, 24 mayo 2023 17:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 May. (EUROPA PRESS) -

O candidato do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Santa Comba (A Coruña), Juan David Sixto, denunciou ante a Garda Civil un "buzoneo" e unha difusión de mensaxes de whatsapp con "graves acusacións" referidas á súa persona e no que se menciona á familia. Ademais, o BNG presentou unha denuncia ante a xunta electoral por "posible delito electoral".

"Quero que a Xustiza poña a cada un no seu lugar e se alguén cre que eu cometín algunha desas animaladas que pon nese folleto, ínstolle a ir á Garda Civil ou ao xulgado a pór unha denuncia. Non hai ningún tipo de problema", salientou o candidato.

Juan David Sixto compareceu en rolda de prensa este mércores acompañado por varios membros da dirección do BNG para denunciar a "campaña de acoso" contra o candidato, detrás do que aseguran está "unha persoa da candidatura do PP de Santa Comba".

"Son completamente falsas e un ataque contra min como candidato do BNG, polo que de maneira urxente, decidín pór en coñecemento policial os acontecementos para que se tomen medidas contra os autores", subliñou o candidato, quen estuda tamén outras medidas para facer fronte "a un ataque que pon en cuestión ao candidato e provoca un grave prexuízo ao seu persona e á súa familia, en palabras da responsable comarcal, Elvira Cienfuegos.

A responsable política comarcal non dubida de que "os feitos de ataques claramente político que queren pór en cuestión unha candidatura que se presentou nun acto masivo e estaba a ser apoiada por moitos veciños de Santa Comba".

Así, lamentou que "aínda algúns continúen pensando que é mellor eliminar ao BNG con estas prácticas porque teñen medo dunha política limpmia e ao servizo dos veciños".

"ACODE CANDIDATA DO PP"

O BNG di que "chama a atención que as mensaxes foron difundidos en grupos de whatsapp por parte dunha candidata do PP en Santa Comba, o que poría á vista a intencionalidade dos feitos e o obxectivo político de amedrentar e cuestionar a candidatura do BNG".

Os nacionalistas confían en que se aclaren os feitos o máis axiña posible e sexan identificadas as persoas responsables do que definen como "un ataque á liberdade política, ao dereito a presentar unha candidatura" e tamén á "implicación política do partido ao que pertence a persona que está a difundir as mensaxes".

Neste sentido, o BNG esixe ao presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, que "diga o que opina sobre o tema e que, se non está de acordo con este gravísimo ataque na campaña electoral e estas prácticas antidemocráticas, que esixa unha aclaración e tome medidas coas persoas da candidatura implicadas".

Contador