O BNG quere ser chave o 26J e augura que En Marea será "a delegación de Podemos"

Asegura que en "no que dependa" do Bloque, non gobernará o PP

Lema 'Para ter voz propia', del BNG para el 26J, Rubén Cela y Goretti Sanmartin
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 23 mayo 2016 19:30

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 May. (EUROPA PRESS) -

   A responsable da campaña electoral para o 26 de xuño e o da área de Comunicación do BNG, Goretti Sanmartín e Rubén Cela, respectivamente, explicaron os eixes da precampaña e campaña electoral da formación nacionalista, que se propón ser "chave" na próxima lexislatura. Ademais, o tamén concelleiro en Santiago cre que o tempo lles deu a "razón" fronte a En Marea e que os deputados desta coalición acabarán sendo "a delegación galega de Podemos.

   Os nacionalistas afrontan o período electoral co compromiso, tanto para as eleccións xerais coma para as autonómicas de finais de 2016, de que "no que dependa" do Bloque, non goberne o Partido Popular. "Se hai algo que calquera galego sabe é que, no que dependa do BNG, nin no Estado nin o Goberno da Xunta gobernará o PP", subliñou Rubén Cela, quen asegurou que as políticas o PP no Estado e en Galicia foron "absolutamente desastrosas".

   O BNG repetirá formato de encontros e mitins nos que recollerá a opinión e demandas da cidadanía, e aspira a recoller o voto dos "desencantados" coas forzas políticas estatais e, singularmente, coa coalición En Marea, os deputados da cal "serán a delegación galega de Podemos, en palabras de Cela.

   O responsable de Comunicación do BNG dixo que "o tempo deu a razón ao BNG" coa fórmula xurídica de coalición e que o feito de que se repita "voluntariamente sabendo que non garante" conformar un grupo, supón, ao seu xuízo, unha "mostra de claudicación". "E que ao final os deputados de En Marea van ser a delegación galega de Podemos, sentenciou.

   O Bloque repetirá este campaña electoral a necesidade de contar con "voz propia" de Galicia en Madrid e esgrimirá os cinco meses da lexislatura sen investidura de presidente que acaba de rematar como exemplo de que "se o BNG non está, Galicia non está". Ademais, apoiarase nos 20 anos de bagaxe no Congreso fronte a estes meses en que non obtivo representación.

"VOZ PROPIA"

   O obxectivo da formación nacionalista é claro, como así reza o seu lema: "Para ter voz propia". "Nunca máis queremos que Galicia quede desaparecida", afirmou Goretti Sanmartín na rolda de prensa de presentación do lema de BNG-NÓS.

   Ademais, reiterou que no "teatrillo político" dos últimos meses "os intereses dos galegos non estiveron". "Queremos dar a cara e ter relevancia política", resaltou, antes de volver remarcar a posibilidade de ser "clave" nun contexto sen maiorías absolutas.

   Pola súa parte, Rubén Cela, quen recordou que o Bloque renuncia ao envío de papeletas ás casas, explicou que volverá ser unha carreira cara ás urnas basea no "boca a boca" e "porta a porta" e no que será fundamental "o esforzo e entrega da militancia". Ao fío diso, tamén invitou ao resto de formacións políticas a suprimir o 'mailing', porque "suporía un aforro" destacado para as arcas públicas.

Contenido patrocinado