O BNG reclama á Xunta que "deixe de actuar como comercial da sanidade privada" e demanda "medidas reais"

A portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento, Montse Prado
BNG
Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 15 junio 2025 11:43

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Jun. (EUROPA PRESS) -

   A portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento, Montse Prado, reclamou á Xunta que "exerza como goberno" e que "deixe de actuar como comercial da sanidade privada". Así mesmo, denunciou a "inacción permanente e os recortes do PP" en materia de Sanidade e demandou "medidas reais".

   Neste contexto, esixiu ao Goberno galego unha "rectificación" sobre os plans da Consellería de Sanidade para este verán para evitar así, segundo sinalou, "que a sanidade pública, xa danada polas políticas do PP, rexistre unha situación límite nos meses estivais".

   Neste sentido, advertiu de que "todo indica que a situación límite vivida nos veráns pasados na sanidade pública vaise a repetir", ademais, subliñou a "enorme preocupación que xera a inacción do Executivo de Rueda, que afronta a temporada sen máis planificación que os recortes".

   "Non parece moi intelixente pensar que facendo o mesmo pódense esperar resultados diferentes, o PP persiste en pechar camas e consultas hospitalarias cando hai 360 mil persoas en listas de espera", criticou a portavoz nacionalista.

    Con todo, asegurou que "aínda que o conselleiro diga que non é adiviño, é fácil saber que cada centro de saúde pechado ou con falta de profesionais é un nicho de negocio, igual que o é cada persona que ten que esperar 10,15, 20 días ou até un mes para ter unha cita en atención primaria", concluíu.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado