O BNG urxe á Xunta a incrementar os efectivos para a prevención e extinción de incendios

Noa Presas denuncia que o Goberno autonómico non aprobou a tempo os convenios cos concellos

Archivo - Arquivo - A portavoz de Economía do BNG no Parlamento galego, Noa Presas.
BNG - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 5 agosto 2022 16:00

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Ago. (EUROPA PRESS) -

   A deputada do BNG Noa Presas reclamou á Xunta que reforce a contratación de persoal e medios para a prevención e extinción dos incendios que se suceden esta semana por Galicia.

   Nunha rolda de prensa que tivo lugar este venres, a parlamentaria nacionalista insistiu en tres propostas que debe tomar a Consellería do Medio Rural para "dar resposta" aos lumes na Comunidade galega.

   Tras o incremento tanto de persoal como de medios, Presas pediu ao Executivo central que aprobe xa a declaración de zona catastrófica --oficialmente chamada zona afectada gravemente por emerxencias de protección civil (Zaepc)-- para que as persoas afectadas poidan acceder canto antes ás axudas extraordinarias.

    Ante esto, fixo referencia á visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e do xefe do Executivo estatal, Pedro Sánchez, a O Barco (Ourense) e criticou que "non se concretou nada".

   Tamén reclamou á Xunta que "rectifique" e que non estableza un límite nas axudas para a recuperación da vivenda. "Moitas persoas perderon as súas casas e non podemos pór un límite mais que o necesario", sostivo.

CONVENIOS

   A formación denunciou que desde a Xunta "non tiñan os deberes feitos en materia de prevención e extinción" debido a que os convenios --para rozas, motobombas e a constitución de brigadas-- cos concellos non foron aprobados a tempo, aseguran.

   "Non foron aprobados até finais de xullo o que implica que non podían estar operativos até o mes de agosto", explicou a deputada ourensá.

   Presas achacou esta demora a que "o goberno do PP estivese ausente e inoperativo durante catro meses" e referiuse á crise sufrida no partido, xa que están "máis preocupados de solucionar os problemas internos" que "por encargarse do seu traballo".

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado