A Brilat desinfecta residencias de maiores en Pontevedra e Vigo

Desinfección nunha residencia de maiores por parte da Brilat
BRILAT
Publicado: domingo, 29 marzo 2020 13:25

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Mar. (EUROPA PRESS) -

   Patrullas da Brilat procederon este domingo á desinfección de dúas residencias maiores situadas na provincia de Pontevedra: unha en Vilaboa (Pontevedra) e outra en Bembrive (Vigo).

   Ademais, tamén se despregaron noutras localidades galegas como Marín (Pontevedra), Sanxenxo (Pontevedra) Monforte de Lemos (Lugo) e A Estrada; ademais doutros puntos de Asturias e Castela e León como Mieres, Castrillón e Valladolid.

   Así mesmo, os membros da Brilat tamén realizan este domingo misións de presenza e recoñecemento noutros puntos da xeografía galega como Bueu e Chantada.