Bugallo, exalcalde de Santiago, presenta a súa renuncia como senador

Archivo - Arquivo - Xosé Sánchez Bugallo na comparecencia após coñecerse os resultados das municipais de 28 de maio de 2023, cando perdeu a Alcaldía de Santiago
César Arxina - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 9 mayo 2025 13:25

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 May. (EUROPA PRESS) -

   O exalcalde de Santiago de Compostela Xosé Sánchez Bugallo presentou a súa renuncia á acta como senador pola provincia da Coruña, que ocupaba desde as eleccións de xullo de 2023, tal e como consta no escrito presentado no rexistro da Cámara alta con data deste venres e ao que tivo acceso Europa Press.

   A renuncia efectiva de Bugallo prodúcese a mesma xornada na que o político socialista acudiu como testemuña á vista entre a dirección do PSOE compostelán e os catro edís do Concello santiagués expulsados.

   O que fora alcalde de Oroso durante máis de 20 anos, Manuel Mirás, asegurara en meses pasados que había un acordo con Sánchez Bugallo para alternarse no cargo de senador do PSOE pola provincia da Coruña, un pacto que o exrexedor compostelán non chegara a confirmar publicamente.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado