VILAGARCÍA DE AROUSA (PONTEVEDRA), 18 (EUROPA PRESS)
La Caixa Bank confirmou a Europa Press que abriu unha "auditoria interna" para aclarar as circunstancias e os detalles da suposta fuga dun traballador da sucursal de Vilgarcía de Arousa (Pontevedra) cunha importante suma de diñeiro.
Aínda que oficialmente La Caixa Bank non fixa nunha cantidade concreta o diñeiro subtraído por S.P.S., fontes da propia entidade crediticia sitúano en torno a un millón de euros.
Esas mesmas fontes engadiron que os clientes da entidade non se deben sentir alarmados posto que o diñeiro co que presuntamente se deu á fuga o traballador pertencía a tan só dúas contas.
O empregado desaparecido, S.P.S., é veciño da localidade pontevedresa de A Estrada e levaba varios anos traballando na oficina central de La Caixa en Vilagarcía, dende onde exercía funcións de responsable do cobramentos de impagados a nivel comarcal.
A desaparición de S.P.S. constatouse o martes, xornada na que xa non se presentou no seu posto de traballo. Tampouco a súa familia volveu ter noticias del dende ese momento. O empregado desaparecido estaba casado e tiña dúas fillas.
Ata o momento a única denuncia que existe en relación a este caso é a interposta ante a Garda Civil de A Estrada por unha promotora inmobiliaria da localidade para a que o desaparecido tamén traballaba e na que se asegura que S.P.S. fuxo co coche que a empresa lle cedera e que, ata o momento, segue en paradoiro descoñecido.