Casado afea a Sánchez que vaia a Euskadi a "meterse con Feijóo" e "non faga referencia" aos desaparecidos de Zaldibar

O presidente do PP, Pablo Casado, intervén nun acto de celebración dos 11 anos de presidencia en Galicia de Alberto Núñez-Feijóo, en Ourense (Galicia) a 1 de marzo de 2020.
Rosa Veiga - Europa Press
Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 1 marzo 2020 15:18

   OURENSE, 1 Mar. (EUROPA PRESS) -

   O presidente do PP, Pablo Casado, afeou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que este domingo acudise a Vitoria "a meterse" co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e "non fixese referencia" aos dous desaparecidos polo derrube do vertedoiro de Zaldibar.

   Nun acto celebrado en Ourense para arroupar ao líder dos populares galegos no 11 aniversario da súa primeira maioría absoluta, Casado aproveitou para cargar tamén contra "esa mesa de negociación" coa Generalitat na que "se xoga cos intereses de Galicia".

   Neste sentido, o líder do PP lembrou o seu ofrecemento de pactar os Orzamentos Xerais "para que non dependa dos independentistas". "Pero non nos contestou porque queren impor unha visión do Estado desigual", lamentou.

   Ademais da participación de Casado, este acto no Pabellon Os Remedios da cidade das Burgas contou con Feijóo como gran protagonista, arroupado polo expresidente do Goberno Mariano Rajoy, polo lider dos populares ourensáns, Manuel Baltar, e pola plana maior do PP na Comunidade.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado