Controlado o incendio que queimou 20 hectáreas en Teo e estabilizado o de Sober

Instantánea de un cortafuegos realizado por los brigadistas en Teo
MEDIO RURAL
Actualizado: lunes, 29 junio 2015 22:42

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O incendio forestal que se declarou este luns na parroquia de Calo, en Teo (A Coruña), quedou controlado ás 21,44 horas tras queimar 20 hectáreas.

   Segundo informa a Consellería de Medio Rural, a 'situación 2' que se activara por proximidade a vivendas --que pon en marcha medidas preventivas por iso-- quedou desactivada.

   Aínda seguen activos lumes en Boborás (Ourense), onde catro focos arrasaron unhas 40 hectáreas polo momento, e en Sober (Lugo), cunhas 15 hectáreas calcinadas, pero estabilizado dende as 22,30 horas, aproximadamente, e tramitándose a desactivación das medidas preventivas por proximidade a casas.