LUGO, 3 Jul. (EUROPA PRESS) -
Un home foi denunciado tras ser sorprendido en Castro de Rei (Lugo) cando presuntamente tentaba violar unha vaca nunha explotación gandeira das proximidades do campo da feira de Triabá, na noite do sábado ao domingo.
O feito foi confirmado pola Garda Civil, ante a que o propietario do animal presentou unha denuncia xa que foi el o que sorprendeu ao presunto autor, que tentou forzar á vaca após atala e subirse a un banco.
O home abandonou o lugar ao ser sorprendido, pero foi identificado ao día seguinte o propietario da vaca. A Garda Civil investiga os feitos.