SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Feb. (EUROPA PRESS) -
Axentes da Policía Nacional detiveron a un home pola súa suposta vinculación co alixo de 3.650 quilos de cocaína que foi incautado en setembro no municipio coruñés da Pobra.
Segundo fontes do operativo consultadas por Europa Press, a detención, realizada no marco da operación 'Saona', produciuse este mércores na mesma localidade do cara norte da ría de Arousa e súmase ás xa practicadas en setembro.
Desta forma, está previsto que o home, segundo fontes xudiciais consultadas por Europa Press, pase a disposición xudicial na xornada do xoves no Tribunal de Instancia de Muros.