SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Mar. (EUROPA PRESS) -
Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba. Os servizos de emerxencias tiveron que desprazarse ao lugara pouco antes das 15 horas. O vehículo, ademais, obstaculizaba a circulación.
Segundo informou o 112, tiveron constancia do ocorrido por un particular que informaba de que un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento, pensouse que o condutor podía estar atrapado, pero acabou saíndo polos seus propios medios.
No operativo participaron Urxencias Sanitraias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.
O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros controlaron a situación.