Falece unha persona e outro cinco resultan feridas tras unha colisión entre tres turismos en Curtis (A Coruña)

Accidente en Curtis
HELICOSANTIAGO
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 2 marzo 2024 17:47

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Mar. (EUROPA PRESS) -

   Unha persona faleceu e outras cinco resultaron feridas tras unha colisión entre tres turismos na N-634, ao seu paso polo municipio coruñés de Curtis.

   Segundo informou o 112, minutos despois das 15,00 horas recibiron a chamada dun particular que alertou dun choque entre varios vehículos, cun deles envorcado.

   A central de emerxencias deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que mobilizou até o punto o helicóptero medicalizado, aos Bombeiros de Betanzos, ao GES de Curtis, á Garda Civil e a Protección Civil.

   Os efectivos de emerxencias, unha vez no punto, confirmaron que unha das persoas feridas e a que faleceu estaban atrapadas.

Contenido patrocinado