SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 May. (EUROPA PRESS) -
Un home de 45 anos, con identidade J.L.F.G., resultou ferido na mañá deste venres ao sufrir queimaduras cando realizaba tarefas de roza en Corme, no municipio coruñés de Ponteceso.
Segundo informaron fontes consultadas por Europa Press, o suceso tivo lugar sobre as 11,15 horas en Corme Porto e até o lugar mobilizouse o helicóptero medicalizado así como unha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia.
O home, que foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, estaba a realizar uns labores de roza. Segundo fontes do operativo, foi cando trataba de queimar uns restos cando sufriu queimaduras.