O Festival Noroeste Estrella Galicia estrea formato "XS" con 16 artistas e reserva previa de entradas

Triángulo de Amor Bizarro, Víctor Coyote ou Moura presentarán disco entre os días 7 e 9 en dous escenarios con aforamento de 400 persoas

Festival Noroeste 2020 XS
FESTIVAL NOROESTE 2020 XS
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 3 agosto 2020 12:31

    A CORUÑA, 3 Ago. (EUROPA PRESS) -

   O Festival Noroeste Estrella Galicia, da Coruña, estrea formato "XS" con 16 artistas coruñeses ou galegos e reserva previa de entradas para concertos con aforamento limitado a 400 persoas. Entre o día 7 e o 9 deste mes, dous escenarios acollerán a 34 edición do festival.

   "É un clásico na oferta cultural das festas", explicou a alcaldesa, Inés Rey, na rolda de prensa de presentación. Por iso, engadiu, coa situación de crise sanitaria, decidiuse "reformularlo en formato reducido" para dar "maior protagonismo" a artistas locais ou galegos e, así, "reducir desprazamentos entre territorios".

   Para gozar dos espectáculos "de maneira segura, con sentidiño", o aforamento máximo será de 400 persoas, que terán que reservar a entrada de maneira previa a través de internet, e deberán levar máscara. O mobiliario será hixienizado entre concerto e concerto, engadiu a rexedora.

   "Este ano non haberá presenza de bandas internacionais, pero hai que velo como unha oportunidade; unha volta ás raíces e ao apoio ao talento local e galego", resaltou Rey, que avanzou que os dous escenarios levarán o nome de dúas "figuras" da música local falecidos o ano pasado: Nonito Pereira e Jaime Manso.

PRESENTACIÓN DE DISCOS

   O director do festival, Roberto de la Iglesias, resaltou que Triángulo de Amor Bizarro, Moura ou Víctor Coyote presentarán disco nos seus respectivos concertos e lamentou que o coronavirus non permitise desenvolver a idea inicial de festival, "cun plus de contido, ampliando variedade e artistas de distintos recunchos do planeta".

   Pola súa banda, o director de Asuntos Corporativos de Estrella Galicia, Antonio Viejo, defendeu a necesidade de "reinvención" tras a crise sanitaria e tamén de "adaptación". "Necesitamos animarnos un pouco para insuflar ánimos a toda a cidade", avogou.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado