Un incendio calcina o recibidor e o falso teito dunha vivenda de Neda

Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 4 enero 2026 12:58

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Ene. (EUROPA PRESS) -

   Un incendio calcinou o recibidor e o falso teito dunha casa do lugar de Pename, en Santa María de Neda (A Coruña) este domingo. Non hai persoas feridas.

   Tal e como confirmou o 112 Galicia a Europa Press, as zonas afectadas polo lume foron a entrada, onde había unha lavadora e outros mobles, e o falso teito. Uns 20 metros cadrados aproximadamente.

   O aviso chegou a través dun particular que chamou ao redor das 09.00 horas da mañá. Até alí desprazáronse os Bombeiros do Eume, o GES de Mugardos e a Garda Civil.

   Os veciños da zona tamén colaboraron en que o lume non alcanzase máis zonas da vivenda.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado